CRTVG

Buscar

Feijóo reivindica o proxecto común de España; o BNG di: “nada que celebrar”

Publicado o 12/10/2021 12:33
Feijóo reivindica o proxecto común de España; o BNG di: “nada que celebrar”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ausente este ano nas celebracións oficiais da festa nacional española, reivindicou, con motivo deste 12 de outubro, que España é "un proxecto común" que vertebra os afectos e as aspiracións dos seus cidadáns e engadiu: "Diversos pero sempre xuntos".

Nunha mensaxe nas redes sociais cunha imaxe da Patrulla Águila sobre a praza do Obradoiro en Santiago do Día de Galicia, Núñez Feijóo incide tamén en que a "comunidade hispanoamericana é un espazo fraterno con historia que lle fala ao futuro cunha lingua e cultura comúns", polo que neste 12 de outubro apela a celebrar "o que nos une".

Noticias web

12/10/2021