Feijóo reivindica o "fermosismo galego" na entrega das bandeiras verdes
Publicado o 20/10/2021 14:37
Os primieiros foron Moaña e Porto do Son, que repiten este ano, e súmanse Outeiro de Rei, Alfoz, Curtis, Mondoñedo, Ordes, Parada de Sil e Sober, que tamén presumirán de bandeira verde por coidar a súa paisaxe. Na entrega, Alberto Núñez Feijóo dixo que ao igual que as azuis na costa, estes distintivos impulsan o atractivo turístico da Galicia interior.
A Xunta seguirá traballando no "fermosismo galego", defende o presidente, que anunciou un incremento do 53%, ata o 5,6 millóns de euros nos orzamentos do ano que vén nesta materia.
Ter unha bandeira verde conta como mérito á hora de acceder as axudas que concede a Xunta para obras de protección do patrimonio natural.