CRTVG

Buscar

Feijóo reivindica o cooperativismo como garante do futuro do rural

Publicado o 13/05/2019 16:16

Alberto Núñez Feijóo asegura que o cooperativismo é a clave para garantir o futuro do rural. Díxoo durante a visita a unha empresa de nutrimentos porcinos do concello coruñés de Melide, que xera 300 empregos entre directos e indirectos e que no ano 2018 produciu 127.000 toneladas para alimentar os seus animais criados en granxas doutros propietarios. O presidente di que é un exemplo da cooperación do medio rural como antídoto, afirma, contra o despoboamento.

Feijóo reivindicou outras medidas da Xunta para impulsar o sector primario, como a lei para poñer en valor terras abandonadas que prevén aprobar nesta lexislatura, axudas para a compra conxunta de maquinaria ou incentivos para incorporar mozos á actividade agraria.

Noticias web

13/05/2019