Feijóo reivindica a igualdade real entre todos os pobos de España
Publicado o 16/04/2019 21:33
En Verín pecha Núñez Feijóo unha xornada electoral para explicar o programa do PP en igualdade.
"Queremos dicirlle ao señor Sánchez que somos leais, pero non somos parvos".
Feijóo tamén reivindicou a fortaleza económica do seu Goberno.
En Cidade Real, Pablo Casado dixo que Pedro Sánchez pretende concederlles o indulto aos independentistas cataláns encarcerados para logo pactar con eles. Ademais, cualificouse coma o líder da España que madruga, das clases medias e dos xubilados, tras presentar o seu programa para os maiores, que inclúe subas de ata un 15 por cento nas pensións.