CRTVG

Buscar

Feijóo di que o resultado é "malo sen paliativos" e que agora cómpre traballar nas municipais

Publicado o 29/04/2019 08:14
Feijóo di que o resultado é "malo sen paliativos" e que agora cómpre traballar nas municipais

Os populares galegos cualifican de malo sen paliativos o resultado para a súa formación. Alberto Núñez Feijóo defendeu que as urnas acreditaron que tiñan razón cando dicían que a división do voto de centro e dereita faría gobernar a esquerda.

Agora é momento, afirmou, de analizar erros e poñerse a traballar nas vindeiras eleccións municipais e europeas. Esa é, segundo Feijóo, outra liga e confía en poder recuperar os votos que marcharon para Ciudadanos e Vox. 

Noticias web

29/04/2019