Feijóo recoñece que as restricións en Galicia son complexas pero necesarias
Ás restricións que entran mañá en vigor referiuse no Parlamento de Galicia o presidente da Xunta. Feijóo fixo un chamamento aos galegos.
O presidente da Xunta recoñeceu que as medidas son complexas pero necesarias para controlar a infección e que a situación non se agrave na nosa comunidade.
Feijóo volveu a pedir unha modificación da Lei de saúde pública para xestionar mellor a pandemia sen ter que recorrer ao estado de alarma.
Tamén apelou á responsabilidade de todos os galegos para desterrar os comportamentos incívicos nestes difíciles momentos.
Xestión das residencias de maiores
Xunto con isto, a xestión das residencias de maiores durante a pandemia tamén foi motivo de debate durante a sesión de control ao Goberno.
O BNG lembrou que 364 maiores morreron nas residencias galegas por causa da covid-19.
Ana Pontón pediu máis anticipación, máis persoal, probas PCR masivas para usuarios e traballadores e blindar estes centros.
Pola súa banda, o presidente da Xunta defendeu a xestión que fixo o Goberno galego das residencias de maiores e lembrou que Galicia é a terceira comunidade con menos falecidos neste tipo de centros.
Así e todo, avanzou que teñen propostas de mellora que trasladarán ao comité de expertos.