CRTVG

Buscar

Feijóo recibe "optimista" que se manteñan os Fondos de Cohesión en Galicia

Publicado o 17/05/2018 09:50

O Executivo Europeo apoia que Galicia manteña, a partir do ano 2021, os mesmos cartos de Fondos de Cohesión que ten actualmente. Así llo transmitiu a comisaria de Política Rexional ao presidente da Xunta nun encontro en Bruxelas.

O Executivo comunitario prepara e negocia cos estados membros un novo orzamento para o período 2021-2027 en que se esperan recortes nos fondos comunitarios. O presidente da Xunta defendeu en Bruxelas o importante que son eses cartos para Galicia. O Pleno do Comité das Rexións aprobou un ditame elaborado en parte polo Goberno galego en que se pide que se manteñan os fondos destinados específicamente ao sector pesqueiro.

O presidente da Xunta di marchar optimista da capital comunitaria. A Comisión Europea apoia que Galicia non vexa reducidos os fondos de cohesión.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2018