CRTVG

Buscar

Feijóo recibe o economista Xavier Labandeira, revisor dun informe da ONU sobre cambio climático

Publicado o 13/02/2018 15:30

O presidente da Xunta recibiu hai uns minutos en San Caetano o economista Xavier Labandeira. Director do centro Economics for Energy, Labandeira foi elixido como revisor-editor do informe que prepara o grupo intergubernamental sobre cambio climático da ONU. Ese informe, non vinculante, pretende ser unha guía a partir da que os distintos estados tomen decisións sobre o cambio climático. Xavier Labandeira é catedrático de Economía aplicada da Universidade de Vigo. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2018