CRTVG

Buscar

Feijóo reafírmase en intentar recuperar gratis o Pazo de Meirás e propón unha comisión de expertos

Publicado o 13/09/2017 14:30

O presidente da Xunta tamén se referiu á reforma de lei de saúde, e indicou que non suporá ningún retroceso nos servizos. A próxima reforma de lei de saúde non suporá ningún retroceso nos servizos que se prestan nos hospitais. Así o manifestou hoxe o presidente da Xunta no Parlamento ante as críticas do grupo socialista. Núñez Feijóo tamén anunciou que vai propoñer a creación dunha comisión de expertos que facilite que o Pazo de Meirás deixe de ser propiedade da familia Franco e pase a dominio público.

Nas próximas semanas se vai constituir unha comisión de expertos para dictaminar se a doazón do Pazo de Meirás á familia Franco foi ilexítima. Anunciouno o presidente da Xunta no Parlamento, nunha iniciativa que vai na mesma liña da anunciada hai uns días polos socialistas.

Desa forma, o Pazo podería pasar a dominio público sen ningún custe.Para o BNG, a situación actual é insostible.

Os socialistas queren que a Xunta retire o anteproxeto de reforma da Lei de Saúde. Din que non está consensuada e que afectará negativamente ás áreas comarcais, algo que negou Núñez Feijóo.

Luis Villares, de En Marea, dí que moitos dos empregos que se están a crear son precarios, con baixos salarios. Núñez Feijóo coincidiu nesa preocupación pero asegura que as propostas de En Marea supoñen máis paro. Ademáis, anunciou novas axudas para o emprego de discapacitados.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/09/2017