CRTVG

Buscar

Feijóo: "Queremos facer de Galicia unha plataforma loxística"

Publicado o 07/11/2019 15:06

• A Xunta prevé mobilizar 22 millóns ata o 2022

A nosa situación xeográfica obriga a Galicia, explica Feijóo, a ter un plan de loxística que lles permita ás empresas ser máis rápidas e competitivas, nun mercado cada vez máis global e con novas tecnoloxías que impulsar, por exemplo as vendas a través de Internet. De aí a creación desta estratexia á que a Xunta dedicará 11 millóns de euros ata o 2022.

"Trátase de facer de Galicia unha plataforma loxística atractiva con cinco medidas. A primeira, construción de catro centros de apoio ao transporte por estrada abertos as 24 horas", di o presidente da Xunta.

As outras medidas son crear unha xanela única para trámites aduaneiros, unha plaforma dixital onde atopar as mellores ofertas de transporte, un portal de información para empresas e transportistas e impulsar proxectos innovadores en loxística.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

07/11/2019