CRTVG

Buscar

Feijóo quere ser "un candidato libre, para ser un presidente para todos"

Publicado o 15/02/2020 14:46

Rodeado de bandeiras de España e de Galicia, Alberto Núñez Feijóo proclamou a súa nova candidatura á presidencia da Xunta libre "de todo compromiso que non sexa Galicia".

"E por iso proclamo que son un candidato libre, que fun un presidente libre e que volverei ser un presidente libre", manifestou Feijóo durante o acto.

"E por iso non serei refén de ningún partido, nin sequera do meu, porque son servidor de todos os galegos e de todas as galegas", di o presidente da Xunta.

O líder popular afirma que nunca nada se fixo dende o sectarismo, que el cre na que acorda e avanza unida.

Asegura Feijóo que non se presenta polo que leva feito, senón polo que queda por facer xuntos en Galicia

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/02/2020