Feijóo propón os presidentes saíntes de Asturias e Castela e León como Medallas de Ouro de Galicia 2019
• O presidente da Xunta salienta o labor de Javier Fernández e de Juan Vicente Herrera na defensa dos intereses do noroeste

Hoxe coñecemos o nome das persoas que van recibir a Medalla de Ouro de Galicia. Son Javier Fernandez e Juan Vicente Herrera. Alberto Núñez Feijoo vai propoñer os dous expresidentes, o castelán leonés e o asturiano, para que o Consello da Xunta lle dea o visto e prace o vindeiro xoves. A entrega desta distinción realizarase, como é tradición, o vindeiro 24 de xullo nun acto solemne. Segundo a Xunta, Javier Fernández e Juan Vicente Herrera amosaron ao longo da súa traxectoria que o entendemento entre administracións e gobernos non só é posible senón necesario para buscar solucións comúns a problemas e oportunidades compartidos.
É bo que os veciños afrontemos xuntos problemas comúns. Juan Vicente Herrera e @javier_asturias fixérono e con eles o Noroeste do que Galicia forma parte fíxose máis forte. Son exemplo da política que pon o interese xeral por riba de todo e Galicia estaralles sempre agradecida https://t.co/CD3G4DDsVX
— Alberto Núñez Feijóo (@FeijooGalicia) 13 de xullo de 2019