CRTVG

Buscar

Feijóo preside a toma de posesión dos cinco novos delegados territoriais da Xunta

Publicado o 21/09/2020 11:30

Cambios nas delegacións territoriais da Xunta. Aprobounos o xoves o goberno galego e hoxe van tomar posesión os novos delegados. Será no salón de actos grande de San Caetano e dentro de algo menos de duas horas, ás 10 da mañá. Alberto Núñez Feijóo presidirá a toma de posesión dos cinco novos delegados territoriais da Xunta.

Gonzalo Trenor será o delegado na Coruña; Javier Arias, en Lugo; Gabriel Alén, en Ourense; Luísa Piñeiro, en Pontevedra, e Marta Fernández-Tapias, en Vigo.

Os seus nomeamentos leváronse ao Consello da Xunta da semana pasada e esta mañá xurarán ou prometerán os seus cargos diante do Presidente para poñerse inmediatamente á fronte das súas responsabilidades.

Noticias web

21/09/2020