CRTVG

Buscar

Familia, mocidade, innovación e verde, os eixes de Galicia cara á nova década

Publicado o 20/06/2019 19:05

Alberto Núñez Feijóo fixa as prioridades para Galicia nos próximos dez anos. Detalla estratexias para refiorzar a unidade de acción nun momento, di, de incertezas nos Gobernos español e locais.

O presidente galego reuniu a conselleiros e altos cargos para definir obxectivos ata 2030. Destaca catro prioridades: aumentar as prestacións ás familias, atender as necesidades da xente nova, promover os sectores innovadores e fomentar a Galicia verde. A curto prazo, marca o reto de conseguir que o Xacobeo 2021 sexa un éxito rotundo.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/06/2019