O presidente galego quere que se reabran os pasos fronteirizos con Portugal
Publicado o 31/05/2020 18:54
Núñez Feijóo díxolle ao presidente do Goberno que "as eurocidades de Galicia e o norte de Portugal non entenden unha ruptura de relacións comerciais e turísticas" entre elas, e adiantou que en caso de Galicia entrar na fase 3 da desescalada o próximo 8 de xuño se permitirá a mobilidade entre provincias.