CRTVG

Buscar

Feijóo ponlle deberes ao Goberno central

Publicado o 25/09/2019 21:57

O presidente da Xunta, Alberto Nuñez Feijóo, ademais de insistir na reclamación dos 700 millóns de euros de débeda que o Estado ten con Galicia, pediu compromisos ao Executivo central coa comunidade galega.

Feijóo pediu o apoio da cámara galega para solicitarlle ao próximo Goberno central un paquete de medidas urxente para dotar o sistema sanitario galego "dun número de profesionais suficiente" e esixiulle ao Goberno do Estado que "cumpra os prazos dados" de forma que o AVE estea en probas "antes de que finalice o ano" e en "2020 se poidan comprar os billetes".   

Ademais, tamén pediu a implicación de Madrid nas próximas celebracións dos anos xacobeos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí