CRTVG

Buscar

Feijóo pon por escrito deberes para o Goberno central

Publicado o 31/10/2019 15:05

Feijóo di que Galicia ten claras as súas prioridades, algunhas urxentes, por iso as pon por escrito antes de comezar o partido.

Os 25 deberes que marca ao próximo Goberno repártense en cinco bloques: financiamento, industria, Xacobeo, servizos públicos e infraestruturas. Neste último punto inclúen a transferencia da AP-9 e ter o AVE rematado antes do ano santo.

Segundo o presidente, con esta axenda Galicia demostra que vai por diante.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

31/10/2019