CRTVG

Buscar

Feijóo: "Pídolles aos maiores que voten como mostra de amor polo país"

Publicado o 02/07/2020 21:33

Alberto Núñez Feijóo pediulles hoxe aos maiores que vaian votar o vindeiro día 12 como unha mostra de "responsabilidade e amor por Galicia".

Nos mítins que celebrou este xoves en Nigrán, Redondela e Cambados, o presidente do PPdeG afirmou que o seu programa electoral ten cinco grandes compromisos para "achegar certezas" e explicou que eses compromisos son coa saúde, cos que máis o necesitan, cos mozos, cos maiores e coas familias.

Noticias web

02/07/2020