Feijóo pídelles aos instagramers que animen a respectar as normas sanitarias e o ocio seguro
Publicado o 09/07/2021 20:45
Os catro instagrammers que están a facer o Camiño Portugués dende Redondela estiveron acompañados esta tarde polo presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo camiñou canda eles pola vila de Caldas de Reis, onde os catro remataban a xornada que iniciaron en Pontevedra pola mañá. Cristina Cerqueiras, Gala González, Martiño Rivas e Xurxo Carreño teñen un gran número de seguidores en Instagram. Feijóo pediulles que aproveiten a súa influencia entre a xente nova para animalos a que respecten as normas sanitarias e que escollan modos de ocio seguro, como facer o Camiño de Santiago. Os instagrammers galegos van chegar ao Obradoiro este domingo.