CRTVG

Buscar

Feijóo pídelle colaboración ao Goberno para afianzar a industria do mar

Publicado o 28/10/2019 18:22

Profand é a segunda maior empresa do sector en España grazas á compra hai uns días da marca branca de Mercadona especializada na venda de peixe en bandexa. Ten sede en Vigo e centros de produción en sete países. Esta fábrica que posúe en Vilagarcía acaba de conseguir unha ampliación de concesión do porto ata o ano 2043. O presidente da Xunta di que a industria do mar é un dos sectores de futuro e pídelle colaboración ao Goberno central para apoiala.

 "Do mesmo xeito que os portos están dando máis concesións en prazos ás compañías, o lóxico é que haxa seguridade xurídica no regulamento da Lei de costas e qu as conserveiras e frigoríficos non estean nunha situación de debilidade como están neste momento", dixo o presidente.

Feijóo reclámalle tamén mellorar as cotizacións da xente do mar e negociar axeitadamente as cotas en augas internacionais para garantir que Galicia se manteña como décima exportadora mundial de produtos da pesca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/10/2019