CRTVG

Buscar

Feijóo pídelle ao Goberno que licite o tren a Langosteira

Publicado o 08/02/2021 16:25

O porto da Coruña vai abrir ao público os días nos que actividade portuaria o permita. Adiantoullo o responsable do porto, Martín Fernández Prado, ao presidente da Xunta.

Tamén lle falou da creación dun grupo de traballo coas catro administracións implicadas para urbanizar as zonas de Batería e Calvo Sotelo e estudar o futuro da de San Diego. Buscarán solvencia para financiar as primeiras obras a finais de 2022.

Segundo Feijóo e Fernández Prado, é preciso amais a condonación da débeda do porto coruñés e a licitación urxente da conexión ferroviaria do porto exterior de punta Lagosteira para trasladar alá os graneis dos peiraos da cidade.

 

Noticias web

08/02/2021