Feijóo pídelle ao Gobenador do Banco de España solucións ao peche de oficinas
Publicado o 01/10/2021 16:01

No marco deste Foro Vínculo Atlántico, na illa da Toxa, o presidente da Xunta reuniuse co gobernador do Banco de España para analizar os retos da recuperación económica. Feijóo aproveitou este encontro para trasladarlle a Pablo Hernández de Cos a súa preocupación polo peche de oficinas bancarias no rural.
O presidente da Xunta díxolle que cómpre unha solución a nivel estatal para este asunto, xa que os servizos financeiros, defendeu, son fundamentais para o desenvolvemento económico e loitar contra o despoboamento.