Feijóo pídelle a Díaz que se implique para salvar 16.000 empregos do sector industrial
Publicado o 17/09/2021 14:59
A crise industrial e os fondos europeos centraron a reunión desta maña en Compostela do presidente da Xunta e a vicepresidenta e ministra de Traballo. Alberto Núñez Feijóo pediulle implicación para salvar os 16.000 empregos que perigan en Galicia en empresas como Ence, Alcoa ou o naval.
Asegura Yolanda Díaz que será unha aliada en Moncloa dos intereses galegos. E no máis concreto, que afecta ao seu departamento, hai acordo para a extensión dos ERTE en determinados sectores económicos e acordo tamén para negociar unha maior autonomía de xestión nos fondos que transfiren a Galicia para emprego.