CRTVG

Buscar

Feijóo pide "unir no PP o voto da moderación e do sentidiño fronte ao populismo"

Publicado o 12/05/2019 15:30

Alberto Núñez Feijóo pediu unir no PP o voto da moderación e do sentidiño fronte ao populismo. Díxoo nun mitin en Verín.O candidato a recuperar a alcaldía que perdeu en 2015 tras 20 anos no cargo, Juan Manuel Jiménez Morán, pediu o voto para devolver a Verín o dinamismo que desapareceu durante a nefasta -dixo- xestión, do goberno do PSOE e o BNG.

Feijóo defendeu que Verín merece ter un alcalde dun partido de primeira división e falou dos proxectos do PP para a vila en termalismo, industria, educación ou sanidade. E pediu xuntar no PP os votantes de Ciudadanos, de Vox e do Partido Popular para parar --afirmou-- o PSOE. Feijóo dará mitins esta tarde en Baiona, Tui e Marín.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/05/2019