Feijóo pide seguridade xurídica para as empresas afectadas pola Lei de costas
Publicado o 28/10/2019 15:05
Alberto Núñez Feijóo pídelle ao Goberno central que lles dea seguridade xurídica ás empresas afectadas pola Lei de costas.
Díxoo nunha visita a unha das fábricas que ten en Vilagarcía a multinacional galega Profand, a máis importante de España no sector de procesados do mar despois de Pescanova. O porto vilagarcián acaba de ampliarlle a concesión ata o ano 2043 e o presidente da Xunta reclama seguridade xurídica para outras empresas que están a carón do mar.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí