CRTVG

Buscar

Feijóo pide autonomía para poder facer "axustes" sobre o uso da máscara

Publicado o 24/06/2021 15:08

O real decreto sobre o uso da máscara que aprobou o Goberno inclúe dúas peticións de Galicia: a obriga de levala sempre con nós e poñela nas zonas con restricións máximas. Alberto Núñez Feijóo pídelle ao Goberno que lles deixe marxe ás comunidades para facer axustes.

"É a primeira vez que unha cuestión así se toma sen previa negociación e dándoa a coñecer unhas horas antes de que se aprobe. Esta non é a forma de traballar nunha pandemia. En todo caso, creo que o criterio dende o punto de vista clínico é correcto e practicamente igual ao do comité clínico do Sergas. Agardo que deixen autonomía ás comunidades para facer axustes", defendeu o presidente da Xunta.

Noticias web

24/06/2021