CRTVG

Buscar

Feijóo pide o voto para quen trata con respecto o pobo galego

Publicado o 22/04/2019 15:23

Alberto Núñez Feijóo di que o voto para o PP é un voto para o crecemento económico e garantía das pensións. Os populares defenden que nas eleccións do domingo só hai dous protagonistas, Sánchez e Casado, e que os demais son actores secundarios.

Nun mitin en Vilagarcía, canda a cabeza de lista por Pontevedra Ana Pastor, e Teodoro García Egea, o presidente dos populares galegos defendeu que con Aznar e Rajoy o PP demostrou que é quen de gobernar nas dificultades.

Para Feijóo, canto máis independentismo, menos rural galego e menos Galicia. O secretario xeral do PP defendeu que Casado quere que Galicia teña peso en España e fixo un chamamento a unir o voto.

Noticias web

22/04/2019