CRTVG

Buscar

Feijóo pide o voto para que "gañe Galicia"

Publicado o 02/07/2020 15:04

Alberto Núñez Feijóo asegura que o seu goberno garantirá unha Galicia fiable, estable e ben xestionada. Nun mitin en Narón reivindicou a xestión dos últimos anos.

Pablo Casado participou nun acto de campaña no polígono de San Cibrao, de Ourense. Visitou unha empresa familiar innovadora e defendeu a importancia de apoiar o tecido industrial para sair da crise. 

Casado asegura que Núñez Feijóo é o único líder que pode garantizar xestión e estabilidade para os próximos anos. Asegura que o resto de partidos só pretenden unirse para desbancalo da presidencia da Xunta pero carecen dun proxecto común.

Noticias web

02/07/2020