Feijóo condiciona pedir novas competencias a melloras no investimento do Estado
• Anuncia iniciativas para lograr descontos na AP-9
• A portavoz do BNG falou dos recortes na sanidade durante a crise
Os voceiros de En Marea e o PSdeG pedíronlle a Feijóo que non dese un paso atrás na petición de novas competencias para Galicia, para situarnos no nivel de Cataluña ou o País Vasco. O presidente da Xunta dixo que segue apostando polo autogoberno, pero non como desculpa para non falar dos orzamentos do Estado e de como tratan a Galicia.
Sanidade
A portavoz do BNG volveu falar da situación da sanidade pública polos recortes durante a crise. Mesmo volveu pedir a dimisión do conselleiro. O presidente da Xunta pediulle, sen éxito, que condenase as queimas de ambulancias do Sergas.
Venezuela
O Parlamento galego aprobou tamén unha iniciativa de apoio á Asamblea Nacional Venezolana e ao seu presidente. A proposta do grupo popular saiu adiante co voto favorable dos socialistas.
Nela tamén se pide que se adopten as medidas necesarias para actuar ante a situación de emerxencia humanitaria que vive o país . O BNG e En Marea votaron en contra desta proposta ao considerar que se está apoiando un golpe de estado.