CRTVG

Buscar

Feijóo pide "estudar ben" a "recentralización" de impostos

Publicado o 19/04/2021 15:31

O presidente da Xunta considera "inquietante" a idea de que a harmonización fiscal á que apunta o Goberno se traduza nunha recentralización de impostos.

Alberto Núñez Feijóo lanzaba esta mensaxe na presentación do libro 40 anos da descentralización en España, do economista Santiago Lago, que é un dos expertos designados por Moncloa para deseñar a reforma fiscal. Santiago Lago tamen é membro do comité económico que asesora a Xunta tras a pandemia.

Noticias web

19/04/2021