CRTVG

Buscar

Feijóo pide determinar que se entende por toque de queda para evitar confusión nun momento de alza de contaxios

Publicado o 20/10/2020 15:20

O presidente da Xunta defende determinar que se entende por toque de queda. Cre que non se pode engadir confusión ao actual momento de alza de contaxios desta segunda onda.

"O primeiro que temos que saber é que se entende por toque de queda. Se o sabemos, quizais, nalgúns territorios de España, en función da incidencia, é una boa prácticas. Pero primeiro concretemos esa medida e despois apliquémola a parámetros epidemiolóxicos previamente pactados. Mentres tanto, a min non me gustaría engadir confusión ao momento de confusión en que xa estamos", sinalou Alberto Núñez Feijóo.

Noticias web

20/10/2020