Feijóo pídelles aos galegos un "voto esixente" o 10-N
Publicado o 01/11/2019 14:53
O Partido Popular de Galicia abriu campaña en Vigo. Alberto Núñez Feijóo dixo que a única alternativa ao Goberno actual é unir o voto no PP. Pídelles aos galegos que sexan esixentes cando vaian ás urnas e asegura que só o seu partido pode devolver a estabilidade a España e cumprir con Galicia.
O candidato do Partido Popular estivo esta mañá en Vitoria, en Álava, onde se referiu ás declaracións de Sánchez de que non ía pactar nunca co Partido Popular, o que é un presaxio, sinalou, do goberno que prepara.