CRTVG

Buscar

Feijóo pediralle a Sánchez unha lei de pandemia

Publicado o 28/01/2021 23:03

Unha das peticións que lle fará Feijóo a Sánchez será retomar as conferencias de presidentes para consensuar medidas contra a covid−19.

O presidente da Xunta quere unha postura común sobre o teletraballo e o uso das máscaras, aclarar o calendario de vacinación, liberdade para que as comunidades amplíen o toque de recollida, criterios transparentes para a repartición de fondos e unha lei para xestionar a pandemia.

Á marxe da covid−19, Feijóo pediralle prazos sobre a chegada do AVE, rebaixas de peaxes na AP-9 e o seu traspaso e solucións para varias empresas.

Feijóo buscará un compromiso específico do Goberno co Xacobeo.

Noticias web

28/01/2021