Feijóo pediralle a Calviño "transparencia" no repartimento dos Next Generation
Publicado o 29/04/2021 15:45
Os fondos europeos Next Generation para a recuperación serán o tema central da reunión que terá mañá venres Alberto Núñez Feijóo coa vicepresidenta económica Nadia Calviño.
No encontro, o presidente da Xunta vaille pedir transparencia no repartimento e solucións para a difícil situación do sector industrial galego, con 16.000 postos de traballo en perigo.