Feijóo pedirá a Fomento que a viaxe en tren de Ferrol á Coruña se rebaixe a 40 minutos
Publicado o 07/04/2021 15:45
Alberto Núñez Feijóo vaille pedir o venres ao ministro de Transportes que a viaxe en tren entre Ferrol e A Coruña se realice na metade do tempo que ata o de agora cunha mellora do trazado.
Dos 80 minutos actuais, a 40. Anunciouno hoxe a conselleira de Infreastruturas e Mobilidade. Despois dunha xuntanza co alcalde ferrolán, Ethel Vázquez tamén dixo que aspiran a que o Corredor Atlántico de Mercadorías se amplíe ata Ferrol.