CRTVG

Buscar

Feijóo participa nunha nova videoconferencia de Sánchez cos presidentes autonómicos

Publicado o 10/05/2020 09:20
Feijóo participa nunha nova videoconferencia de Sánchez cos presidentes autonómicos

O presidente da Xunta comparte este domingo unha nova conferencia telemática co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, e cos restantes presidentes autonómicos. Os máximos representantes das comunidades autónomas transmitiranlle ao presidente as súas dúbidas, peticións e información sobre a situación de cadanseu territorio.

O encontro podúcese na xornada previa á que a maioría das comunidades entran na fase 1 do desconfinamento e despois de se publicaren no BOE as normas que rexerán. Sánchez probablemente escoitará as queixas dalgúns presidentes como o de Andalucia, Valencia ou Madrid, disconformes coas decisións dos técnicos e do executivo que lles impediron progresar no desconfinamento.