CRTVG

Buscar

Feijóo: "O socialpopulismo do Goberno de Madrid non é bo para Galicia"

Publicado o 30/06/2020 21:31


Alberto Nuñez Feijoo chamou este martes á participación masiva nas eleccións do día doce. O candidato do Partido Popular de Galicia celebrou mitins esta tarde en Ponteareas, Cangas e Ribeira. Neses actos dixo que o "funciona en Galicia ten que seguir funcionando e o que non funciona fóra non é bo para Galicia".

Feijóo afirmou: "O socialpopulismo do Goberno de Madrid non é bo para Galicia, a fragmentación política dos socios do nacionalismo galego en Cataluña, tampouco".

O líder dos populares galegos dixo que non dan as eleccións nin por perdidas nin por gañadas e anima a non quedar na casa o 12 de xullo.

Noticias web

30/06/2020