Feijóo: "O PP é a única alternativa real ao Goberno de Sánchez"
Publicado o 12/04/2019 15:52
O PPdeG escolleu a cidade da Coruña como escenario de partida da campaña. Alberto Núñez Feijóo dixo que quere unha Galicia que teña peso no conxunto de España por riba dos independentistas. Di o presidente dos populares galegos que, fronte a outras marcas electorais, o Partido Popular é a única alternativa real ante o Goberno de Sánchez.
Pablo Casado aproveitou esta mañá a súa visita a Oviedo para reunirse con empresarios asturianos. Casado advertiu que sen emprendedores non hai emprego e que a súa política, se accede ao goberno, vai consistir en apoiar fiscalmente os autónomos e en suprimir os impostos que impiden xerar riqueza.