CRTVG

Buscar

Feijóo: "É o momento de ensanchar o partido, cando o limitamos non gañamos"

Publicado o 30/04/2019 11:05

O presidente da Xunta, ausente na reunión da executiva do Partido Popular desta mañá, dixo que no PP hai sitio para militantes de Ciudadanos e que os votantes de Vox colaboraron no triunfo do PSOE

O presidente da Xunta, ausente na reunión da Executiva do Partido Popular desta mañá, falou para os medios que o esperaban sobre o momento do PP antes de entrar ao Parlamento de Galicia para a sesión de control habitual.

Feijóo dixo que lle gustaría estar en Madrid para unir o partido e insistiu en que o PP é o único partido alternativo ao Partido Socialista, que os votantes de Vox terán que estar decepcionados ao colaborar co triunfo do PSOE e que dentro do PP teñen cabida moitos militantes de Ciudadanos.

Para o presidente da Xunta, é o momento de ensanchar o partido porque cando o ensancharon gañaron e cando o limitaron "lamentablemente, non gañamos".

 

Noticias web

30/04/2019