CRTVG

Buscar

Feijóo: "O lecer sen medidas de seguridade é o risco principal que corre España"

Publicado o 26/06/2021 15:22

Para o presidente da Xunta o que aconteceu en Mallorca demostra que a poboación máis vulnerable nestes momentos da pandemia en España son os menores de 40 anos, que aínda non empezaron a ser vacinados. Feijóo pídelles aos mozos prudencia.

"O lecer sen medidas de seguridade é o risco principal que corre España neste momento. Pido un esforzo aos menores de 40 anos para que sigan poñendo a máscara se non hai distancia de seguridade en exteriores e en todos os locais interiores".

Noticias web

26/06/2021