CRTVG

Buscar

Feijóo: "O Goberno quere facer pagar aos galegos dúas veces as peaxes da AP-9"

Publicado o 27/03/2021 13:13

Novo desencontro entre o Goberno central e a Xunta a conta da AP-9. O Ministerio de Transportes reclama pola vía xudicial que a Xunta pague 26 millóns a Audasa polas peaxes de Rande e A Barcala. Alberto Núñez Feijóo defende que ese preito quedou pechado co Goberno anterior e di que con esta reclamación o executivo central intenta que os galegos paguen as rebaixas anunciadas para a autoestrada.

Noticias web

27/03/2021