CRTVG

Buscar

Feijóo: "Non imos subir os impostos no 2021"

Publicado o 02/11/2020 18:02

A Xunta vai aprobar este mes a lei para eliminarlles ás empresas trámites coa administración e facilitar a captación de proxectos. Así llelo comunicou hoxe o presidente do Goberno galego aos empresarios da provincia de Pontevedra. Alberto Núñez Feijóo tamén lles dixo que o seu Goberno non vai subir ningún imposto o ano que vén.

"O criterio é que non imos subir impostos no 2021 e, se podemos, en actividade económica, actividade empresarial e compra de vivenda no rural fariamos un axuste á baixa", explicou.

Noticias web

02/11/2020