CRTVG

Buscar

Feijóo centrará a situación sanitaria e económica o discurso no debate sobre o Estado da Autonomía

Publicado o 11/10/2021 15:50
Feijóo centrará a situación sanitaria e económica o discurso no debate sobre o Estado da Autonomía

O presidente da Xunta non asistirá mañá aos actos do 12 de outubro en Madrid porque vai dedicar a xornada a ultimar en Monte Pío o debate de política xeral que comeza o mércores. 

Segundo fontes do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo destacará no seu discurso a normalidade democrática da política en Galicia fronte á estatal, xa que non se celebra un debate do Estado da Nación, lembran, dende hai case sete anos. A sanidade e a recuperación económica serán os eixos da dúa intervención. No sanitario, o presidente ten previsto anunciar que a vindeira semana se levantará a emerxencia sanitaria que leva activa 19 meses. No eido económico falará da crise industrial, dos fondos europeos ou da necesidade de reformar o modelo de financiamento autonómico.

 

Noticias web

11/10/2021