CRTVG

Buscar

Feijóo: "É mellor subir 15 euros ao mes o salario ou controlar o prezo enerxético?"

Publicado o 17/09/2021 14:10

Sobre este asunto, a suba do salario mínimo, tamén falou o presidente Feijóo. Non entrou a valorar o proceso de negociación nin o acordo, pero si apuntou que de pouco serve subilo se non se consegue frear a destrución de industrias; e que sería moito máis beneficioso para todos conseguir medidas efectivas para abaratar a luz. 

"Imos mellorar a competitividade da nosa economía? Hai dúbidas. É mellor subir 15 euros ao mes o salario ou controlar o prezo enerxético? Eu quedaría co segundo, porque así subiriamos os salarios, é dicir, non subiriamos os gastos e manteriamos maior competitividade na economía", dixo o presidente da Xunta de Galicia.

Noticias web

17/09/2021