Feijóo instará a Pedro Sánchez a cumprir os prazos da chegada do AVE a Galicia
Publicado o 11/06/2018 08:39
Pedro Sánchez e o presidente da Xunta quedaron en verse nas vindeiras semanas. Nesa xuntanza, Alberto Núñez Feijóo insistirá en que se cumpran os prazos da alta velocidade a Galicia e que o AVE chegue a finais de 2019, se non pode ser antes.