CRTVG

Buscar

Feijóo insta os galegos a pensar se lle deben algo ao Partido Socialista cando vaian votar

Publicado o 11/10/2019 20:44

Alberto Núñez Feijóo insta os galegos a pensar se lle deben algo ao Partido Socialista cando vaian votar nas eleccións xerais do 10 de novembro. O presidente do PPdeG participou esta tarde na xunta directiva do partido na Coruña e dixo que o PSOE de Pedro Sánchez é o responsable do fracaso das dúas últimas lexislaturas e de que a industria galega estea obxectivamente peor ca antes da súa entrada na Moncloa. Afirma que unir o voto de centrodereita no PP é a única maneira de evitar que a desaceleración económica se converta nunha grave recesión.

"Se non facemos nada, esta desaceleración da economía converterase nunha enorme preocupación da economía que pode desembocar nunha crise económica. Unamos o voto, busquemos estabilidade. E, a última reflexión que lles quero trasladar os galegos é se hai algún galego que lle deba algo ao goberno socialista; se hai algunha familia xa sexa de Alcoa, das Pontes ou de Ence que lle deba algo ao goberno socialista", asegura Alberto Núñez Feijóo, presidente do Partido Popular de Galicia.

Noticias web

11/10/2019