Feijóo cre que o apoio de Bildu aos presupostos é "malo para a democracia"
Publicado o 12/11/2020 19:31
O presidente da Xunta asegura que o apoio de Bildu aos presupostos do Estado é "malo para a democracia, malo para a ética e malo para España". Alberto Núñez Feijóo di que para moitos socialistas é inconcibible que Pedro Sánchez lle lave a cara a Bildu deste xeito, e anímaos a dicilo publicamente.
"Se os socialistas non calaron cando os apuntaban coas pistolas, dende logo, non deben calar agora. Dende logo, nós non imos calar e creo que é un feito histórico lamentable que o presidente do Goberno de España dependa, para a aprobación dos presupostos, de Bildu. É algo lamentable que afea a historia de España e a historia do Partido Socialista Obreiro Español", di Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.