CRTVG

Buscar

Feijóo insta a unir o voto no PP contra o socialismo e o populismo

Publicado o 14/10/2019 21:27

Alberto Núñez Feijoo preside a xunta directiva provincial do PP de Pontevedra. O presidente do PPdeG instou o partido a animar a xente a unir o voto no PP como única alternativa a alianza de socialismo, populismo e independentismo. Gabou a candidatura da alcaldesa de Marín, María Ramallo, ao Congreso e de Xabier Gerra ao Senado por Pontevedra.

Chama a cambiar o fastío da política por ganas de vencer a inestabilidade:"Queremos pedirlles aos candidatos e sobre todo á xente que transforme esa desgana que é perfectamente razoable porque é un abuso continuado e constante das institucións e una inestabilidade que España non merece da clase política actual. Hai que convertir esa desgana en ganas para gañar. E para gañar necesitamos unir", asegura Alberto Núñez Feijóo, presidente do Partido Popular de Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/10/2019