CRTVG

Buscar

Feijóo insta á rehabilitación de edificios tradicionais na costa

Publicado o 31/08/2021 16:00

Nove de cada dez viaxeiros que nos visitaron son españois. O presidente Feijóo fixo balance: di que está sendo un bo verán para o turismo grazas ao esforzo durante o inverno por facer de Galicia un destino seguro. Díxoo nunha visita ao novo hotel que acolle o faro de Lariño, en Carnota.

Baixo a lanterna, aínda en funcionamento, nove cuartos de hotel ocupan as antigas casas dos fareiros de Lariño. Este proxecto, di Alberto Núñez Feijóo, é un exemplo do turismo de calidade no que busca a Xunta. O presidente propón converter outras edificacións costeiras, como conserveiras ou fábricas de salgadura abandonadas, en establecementos turísticos.

A Xunta, explica Feijóo, seguirá traballando para impulsar un turismo seguro, tranquilo, sostible e de maior poder adquisitivo.

Noticias web

31/08/2021