CRTVG

Buscar

Feijóo insiste en que se teña en conta o envellecemento da poboación no repartimento de vacinas

Publicado o 28/12/2020 14:57

Hai tendencias á alza e outras á baixa nos contaxios en Galicia, pero non intensas, segundo Feijóo, que aclara que aínda é cedo para coñecer os efectos das xuntanzas dos últimos catro días.

Sobre as vacinas, o presidente lamenta o atraso na chegada do novo lote e pídelle ao Goberno unha vez máis que teña en conta os maiores de 65 anos que hai en cada comunidade á hora de facer as entregas.

Feijóo reclámalle tamén ao Goberno prudencia á hora de notificar as entregas polas expectativas que xeran, di, nos cidadáns.

Noticias web

28/12/2020